• /
  • EMPRESAS /
  • SEGURO DECENAL DE DAÑOS A LA EDIFICACIÓN

SEGURO DECENAL DE DANOS Á EDIFICACIÓN

O seguro decenal de danos á edificación de Clemente Piñeiro Correduría é un seguro de danos que garante durante 10 anos a reparación dos danos materiais causados ao edificio por vicios ou defectos que teñan a súa orixe ou afecten á cimentación, os soportes, as vigas, os forxados, os muros de carga ou outros elementos estruturais, e que comprometan directamente a resistencia mecánica e a estabilidade do edificio.


Cando é obrigatorio contratar o seguro decenal de danos?

En España a Lei de Ordenación da Edificación (LOE) establece que é obrigatorio que o promotor ou construtor dunha obra destinada á venda contrate un seguro decenal de danos á edificación:

  • para vivendas que se vaian a vender antes de 10 anos desde da finalización da obra (aínda que inicialmente sexan auto-promociones).
  • en obras con máis dunha vivenda.
  • en obras onde se vaia a realizar diivisión horizontal (máis dunha vivenda, locais comerciais, entresollados, garaxes, etc,)
     

Que cobre o seguro decenal de danos á edificación?

  • Garantía principal: seguro durante 10 anos desde a finalización da obra dos danos materiais causados ao edificio por vicios ou defectos que afecten á cimentación, soportes, vigas, forxados, muros de carga ou outros elementos estruturais, e que comprometan a resistencia mecánica e a estabilidade do edificio.
     
  • Garantías complementarias
    • Gastos demolición e rebo
    • Revalorización automática
       
  • Garantías opcionais
    • Abandono de recurso contra contratista principal
    • Abandono de recurso contra arquitecto proxectista
    • Abandono de recurso contra arquitecto director de obra
    • Abandono de recurso contra director de execución de obra
    • Impermeabilización de cubertas 3, 5 e 10 anos
    • Impermeabilización de fachadas: 3, 5 e 10 anos
    • Impermeabilización de sotos
    • Resistencia mecánica de fachadas
    • En Preexistentes: cobertura simple ou ampliada
    • Gastos Realojamiento
    • Perda de ingresos derivados do arrendamento
    • Obra secundaria

Contacta con Clemente Piñeiro Correduría. Axudarémosche a definr o seguro decenal de danos á edificación que necesita o teu proxecto.

NOTICIAS RELACIONADAS

Impermeabilizacións no seguro decenal de danos á edificación

A impermeabilización é unha parte fundamental do proceso de construción de calquera edificio, xa que asegura que a estrutura estea protexida contra a penetración de auga, o cal pode causar graves danos estruturais e materiais. No contexto dun seguro...

Danos a bens preexistentes no seguro decenal de danos á edificación

A construción de edificios e outras estruturas é unha actividade que conleva riscos significativos. Para mitigar estes riscos, desenvolvéronse diversos tipos de seguros, entre eles o seguro decenal de danos á edificación. Este seguro é fundamental no...

Obrigación, contratación e vantaxes do seguro decenal

O seguro decenal de danos á edificación é unha seguro fundamental no sector da construción en España, e a súa obrigatoriedade está regulada pola Lei de Ordenación da Edificación (LOE) de 1999. O seguro decenal de danos á edificación protexe ás vivend...

CLEMENTE PIÑEIRO é a túa correduría de seguros desde 1978.

Atendémosche con obxectividade e profesionalidade (xa sexas particular, autónomo ou empresa) para ofrecerche propostas de seguro adaptadas ao que realmente necesitas.

Autorización DGS 1555J
 

Correduría asociada a

ENLLAÇOS

ONDE ESTAMOS

Ronda Das Mercedes, 50 - Bajos
27002 Lugo
Cómo llegar

982 23 14 14

Horario de inverno:
Luns a Xoves de 9:30 a 14:30 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:30 a 15:00.

Horario de verán:
Luns a Xoves de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:00 a 15:00.s