- /
- EMPRESAS /
- SEGURO TODO RIESGO CONSTRUCCIÓN
SEGURO TODO RISCO CONSTRUCCIÓN
O Seguro Todo Risco Construción é unha solución flexible, recomendable para construtores e promotores de edificios, vivendas e obra civil en xeral porque ofrece cobertura aos riscos que se poden presentar durante a execución dunha obra.
Que é o seguro Todo Risco Construción?
O Seguro Todo Risco Construción é unha póliza de seguro para obras (de edificación e obra civil) que ofrece coberturas para os danos accidentais e imprevisibles a unha obra durante a súa execución. Ofrece cobertura moi flexible e personalizable para adaptarse ás necesidades específicas de cada obra e cliente.
Coberturas do seguro todo risco construción
- Garantías básicas: danos materiais directos debidos a
- Riscos convencionais: Incendio, explosión, choque de vehículos e impactos.
- Riscos de forza maior ou da natureza: Vento, choiva, desbordamento, inundación, afundimento e corremento de terras e terremotos.
- Riscos da execución da obra: erros de deseño, defectos nos materiais ou man de obra.
- Calquera outra causa accidental, imprevisible e acaecida súbitamente, non excluída expresamente.
- Gastos adicionais: gastos de demolición, despezamento, rebo e desembarre, así como gastos de extinción de incendios.
- Coberturas opcionais:
- Folga, motín e conmoción civil - Accións Tumultuarias.
- Mantemento.
- Equipo de construción.
- Maquinaria de construción.
- Gastos Extraordinarios.
- Efectos persoais dos empregados.
- Outros bens do asegurado.
- Honorarios profesionais.
- Responsabilidade civil extracontractual.
- Bens preexistentes.
- Ampliación temporal da cobertura.
- Cobertura de incendios un mes posterior ao fin de obra.
Contacta con Clemente Piñeiro Correduría. Axudarémosche a definir o seguro todo risco construción que necesita o teu proxecto.
NOTICIAS RELACIONADAS
Cobertura de danos por fenómenos naturais no seguro todo risco construción
O seguro todo risco construción é unha ferramenta esencial para calquera proxecto de construción, xa que proporciona unha protección ampla contra unha variedade de riscos que poden xurdir durante o desenvolvemento dunha obra. Entre as coberturas máis...
7 factores crave do seguro todo risco construción
O seguro todo risco construción é unha ferramenta fundamental para protexer a promotor, consructor e contratistas de proxectos de construción contra unha variedade de riscos. Este tipo de seguro ofrece unha cobertura integral que abarca tanto danos m...
ONDE ESTAMOS
982 23 14 14
Horario de inverno:
Luns a Xoves de 9:30 a 14:30 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:30 a 15:00.
Horario de verán:
Luns a Xoves de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Venres de 9:00 a 15:00.s